domingo, 27 de noviembre de 2011

NADAL NO CRA

Amig@s, xa case chega o NADAL.



Dende o blogue de TICS queremos adiantarnos un pouquiño e poñervos xa unha nova páxina que se titula:
RECURSOS DO NADAL


É moi sinxelo acceder a ela:
Só tedes que premer na parte de enriba, na pestana superior e comenzar a xogar.




Tamén vos lembramos que podedes atopar a panxoliña deste ano no blogue de música O SON DO CRA, premendo na estrela de abaixo:


Engadiremos máis recursos cada semana en todos os blogues, así que preparádevos para a diversión ...

sábado, 19 de noviembre de 2011

¡¡Hola a tod@s!! dende o BLOGUE de TICs do CRA.


¡Temos novidades que vos van dar moitas horas de aprendizaxe e diversión!

Nos vos perdades as novas adquisicións en xogos da ÁREA MATEMÁTICA.

É nova e atópase na barra lateral do lado esquerdo.
 Ten recursos matemáticos moi variados e divertidos que utilizamos nas aulas.

Tampouco esquezades entrar no apartado de XOGAR POR XOGAR para ver as novidades en xogos educativos que engadimos. 


atoparédelas na barra lateral do lado dereito.


Truco para novos nos blogues:
Para que se vos abran os xogos noutra pestana tedes que premer no botón dereito do rato e escoller esa opción.
 Así non perderedes nunca de vista a páxina principal na que estabades.

PASADEO MOI BEN MENTRES APRENDEDES

domingo, 13 de noviembre de 2011

RECUPERANDO O NOSO TRABALLO

O curso pasado fixemos un proxecto colaborativo de Tics nas Escolas do CRA.
Esta é a mellor época para voltar a el. Agora que o temos en youtube podemos velo máis a miúdo.
CORRE, CORRE, CABACIÑA é o seu título.
Vede que ben quedou e canto traballaron @s "locutor@s".


sábado, 5 de noviembre de 2011

Informacion xeral

     Dende a Dinamización Tics do CRA ,
buscando facilitar o uso dos recursos informáticos, cambiamos un pouco a estructura  do blogue:

Así, se queredes consultar RECURSOS DIVERTIDOS para "xogar por xogar", ides á columna dereita e escolledes o enlace que queirades, só premendo enriba do nome.



Iremos engadindo máis recursos dos que usamos no CRA.


Se o que queredes consultar RECURSOS ESPECÍFICOS sobre un tema, os atoparedes nas pestanas superiores do blogue, co seu  nome específico.


Agora que se achega o Nadal engadiremos recusos para estas daras nunha nova páxina.

Esperamos que os cambios vos faciliten o uso do blogue e, como sempre,vos animamos a consultar os blogues das aulas e das especialidades.