lunes, 23 de abril de 2012

Día do Libro 2012

Claro que nos encanta ler, a todos nós, sobre todo aos que están empezando a xuntar as letras...



...porque nos permite descobrir cousas marabillosas destas e doutras xentes e lugares, cousas de preto e de lonxe e cousas que dan morriña ou fan rir...

E rir seguro que vos fará este conto de JuanolO que dixitalizamos para que vos chegue a todos vos.


Tamén podedes xogar con estes contos interactivos tan chulos...




Non esquezades que no blogue da Biblioteca poderedes atopar máis xogos de contos, na barra lateral esquerda. 



E por último este vídeo 

tan especial que pedimos "prestado" do blogue do Colexio Santa Ana de Caspe. 
William Joyce é o seu autor coa colaboradoración  de Moonbot Studios



domingo, 8 de abril de 2012

¡BENVIDA, PRIMAVERA!

Xa chegou a Primavera ao noso CRA.
 E tamén o mes de ABRIL
Por iso comezamos esta entrada co Puzzle do mes:


Para que vexades as novidades vos presentamos unhas novas amiguiñas, vede o que nos teñen que contar:

GoAnimate.com: PRIMAVERA EN BERGONDO by ticscra
Proba o POSTER INTERACTIVO despois de ler estas instruccións tan curtiñas:

(Se queres velo máis grande pulsa en VIEW IN FULL SIZE baixo a palabra glogster.




 Aínda o podes facer maior cando apareza unha lupa no lado esquerdo.)




E agora, que xa o sabes todo...
¡ a disfrutar das novidades!



E como hai moit@s profes que traballan e comparten engadimos uns traballos moi, moi chulos de compañeiras doutros centros:
De ANA, de AulaTic (Ferrol) , unha recopilación completa da estación:




Da Escola Unitaria "Pitufiñ@s de Samieira", este glogster tan fantástico:


¡¡¡GRAZAS POR COMPARTILO!!!