Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 1 de marzo de 2013

E de ALEMAÑA ¿que queres que che conte?

Érase unha vez nun pais onde os irmáns GRIMM  recopilaron o conto de lobos máis especial que coñecemos, vivía unha avoiña. MADLENKA a coñecía. O pais é Alemaña
E o conto...¿Sabes cal é?


¡¡Pois SI, era Carapuchiña Vermella!!
 No propio Google fixeron un doodle vai pouco para celebralo. Dende o CRA o recopilamos para facer este gif animado.
(Grazas a Carmen Barreiro polo traballazo do gif)
  Preme na imaxe para facer o puzzle...

Podes ver o vídeo tamén:


Non penses que  os irmáns GRIMM recolleron só ese conto, o certo é que traballaron moitísimo para atopar máis.


Fixeron un traballo taaan enorme que teñen o seu propio MUSEO dos IRMÁNS GRIMM



Recolleron ducias de contos que poderás ler premendo nesta imaxe. A ver se adiviñas quen son os protagonistas que están debuxados na bandeira na bandeira de Alemaña  ...


Sí, claro que acertaches.
Son HANSEL e GRETEL , os irmáns do conto da Casiña de Chocolate.


Moitas películas se fixeron cos contos destes irmáns, proba delo é este magnífico proxecto de diapositivas do periódico . 
Preme na imaxe e verás que chulo... pero non te asustes coa primeira imaxe. É das ilustracións orixinais de Carapuchiña Vermella..



Agora podes desfrutar algúns destes contos en formato vídeo ou conto narrado, usando este Glogster...


Se queres poñelo máis grande proba a lle dar ao cadrado que hai onde o arco da vella, ou baixo a palabra Glogster que pon ao lle pasar o rato enriba de VIEW IN FULL SIZE..

Ó mellor queres colorear algún dos contos dos que viches antes. Premendo na imaxes atoparás estes e máis  doutros autores para colorear on line...



Antes de rematar un xogo, que xa iremos engadindo máis. Busca as diferenzas entre unha imaxe e outra, tes pouco tempo e a avoiña pódese anoxar.
¡¡SORTE, meu!!


Como sempre non esquezas visitar OMUNDOENTEIRO e PINTUREIRO, atoparás moitas máis cousas interesantes sobre 
Alemaña

E colorín colorada, esta entrada está rematada...
¡¡¡¡auf Wiedersehen!!!!