sábado, 22 de febrero de 2014

EEUU, AMÉRICA, alén do mar...

EEUU é un pais  que está alén do mar para nós. 
Só con superpoderes poderíamos chegar ata aló sin usar avión ou barco, precisaríamos ser o Capitán América...
Xa sabemos e acollemos moitísimas cousas de Estados Unidos ¿ou aínda non? 
Cara Nova York, unha cidade moi especial, viaxamos neste LIM. ¿Apúntaste?
Se non se che abre directo, perme en ENTRAR COMO CONVIDADO.

Nova York  é a cidade onde desembarcaron moitos d@s bergondes@s que se foron fai anos a probar fortuna a América. 
Aínda que non sempre foi un lugar de rañaceos como este que debuxou Anxo Fariña para Antón e Pompón polo Mundo:
Este crebacabezas é de 10 pezas, ánimo.
Alí, no norte do Continente Americano é onde se atopa EEUU xunto con Canadá e México. 
¿ Lémbralo dos mapas do MUNDO ENTEIRO?

¡¡Olliño, que o crebacabezas é de 12 pezas!!

De mapas van ir estes xogos de Estados Unidos, onde deberás adiviñar onde se atopan os 50 estados que forman este xigantesco pais.
 ¿Imos aló?

Se queres primeiro podes ollar como se chaman:



Logo coloca cada un no seu lugar.
 Só tes que te fixar na forma:



Este é aínda máis doado se prestas atención.



Agora que sabes tanto de Estados Unidos debes saber que é un pais feito cunha mestura de xentes de diferentes razas, relixións, cores, e paises de orixe. 



Os primeiros poboadores dos Estados Unidos eran os chamados 
NATIVOS AMERICANOS, e teñen unha cultura de seu moi, moi rica. 
Este libriño  recolle as imaxes da unidade dos Nativos Americanos que fixemos no CRA fai algún tempo. Non se pode interactuar con ela, pero ten imaxes moi chulas...


Ata EEUU chegaron xentes de toda Europa e Asia buscando unha nova vida. Os "pilgrims" ou colonos.

 Abundaba o ouro e as terras semellaban non ter fin. Por iso os primeiros colonos levaron gando e viaxaban quilómetros en carretas.
Se che apetece aprender a debuxar un colono, verás de que xeito tan sinxelo cho amosan aquí:


Despois se construiu o ferrocarril (tren) e as cousas foron máis doadas para os levar mercadorías dun lado a outro.



O Día de ACCIÓN de GRAZAS conmemorase o día da colleita. Os colonos agasallaron aos nativos americanos para agradecerlles as sementes e os coñecementos de pesca e caza que lles permitiron sobrevivir. 


Nesa festa é costume preparar un pavo ao forno, xa que era un animal típico americano que os nativos lles aprenderon a cociñar:


Pero ¿que che parece se nós en troques de cociñalo o coloreamos? Mellor, verdade.


 Xa postos podemos colorear outro máis, ¿non sí?...

 Os homes que levaban as vacas polo país adiante eran os famosos "vaqueiros", que fixeron do Oeste Americano un sitio de película.



¿Un pouquiño máis de xogo? 
Pois imos cara a páxina oficila de PLAYMOBIL que ten moita cousa do Oeste Americano, xa o verás.



¿Xa xogaches como se foses un superheroe ou unha superheroina?
 E que estás na terra dos seus creadores: MARVEL e DC Comics son as editoriais que crearon aos superheroes máis coñecidos. 

                Esta é a páxina de: MARVEL


e ésta a de DC Comics


Antes de irnos cara outros lares, 
¿xogades un pouquichiño máis? 
Pois ánimo, meus, a "salvar o mundo" ... pero logo haberá que se relaxar, non o esquezas.





E agora imos de paseiño por Manhattan para nos relaxar. Verás que chulo está este vídeo. 
Non esquezas de pasar polos demáis blogues do CRA, en English, Música, Biblioteca, O Mundo Enteiro, Pintureiro, atoparás moitísima información.

SEE YOU!!