Coñeces este persoaxe?
Nós o descubrimos viaxando pola cidade de A Coruña, na semana dos Museos. Decatámonos de que na CASA DAS CIENCIAS estaba debuxada unha mazá que caía e...investigamos coa axuda das nosas familias...
Fumos quen de averiguamos que era a mazá de Isaac NEWTON e grazas a ela desenvolveu a sua Ley da Gravidadede nela se di que é a forza coa que os obxectos se atraen entre sí... a mazá cae na terra e non sae voando porque a terra a "atrae" cara ela.
Se queres practicar un pouquiño ao xogo da Gravidade, preme na imaxe:
Se queres practicar un pouquiño ao xogo da Gravidade, preme na imaxe:
Se queres coñecer un pouco da vida de NEWTON aqui tes un cómic, alo menos un anaquiño del.
Verás cómo xurdíu esa idea da gravidade e outra máis.
Xa ves que este cietífico fixo moitas cousas importantes.
Descubríu tamén unhas cousas fabulosas sobre a LUZ, e este ano 2015 está adicado a ela e as tecnoloxías que a usan.
Se queres saber máis olla esta curta que se titula:
É a branca unha cor?
Cantas cousas prendeches, non sí?
A ver se agora es quen de colorear a Newton e o seu arco da vella en orde
Doado? Non tanto, verdade? Pois anímate a facer uncrebacabezas do científico inglés.
Só che queda, si les moi ben, ou te acompaña alguén que o faga, realizar este TEST do que aprendiche. Sorte, meu.
Unha pouca de cor neste arco da vella para recordar a orde das cores, verdade?
Nos xa temos un prisma e imos investigar con él. O seguinte será ver se a luz se comporta igual na auga que no aire. XOgar con lentes...
Anímaraste a velo connosco?
Uns fantásticos recursos para traballar a Isaac Newton. Grazas por compartilos e moi feliz ano 2015. Unha aperta.
ResponderEliminar