domingo, 9 de febrero de 2020

PADLET 2020 Planeta animal

Como cada ano no CRA  facemos un PADLET COLABORATIVO aberto á comunidade educativa. Neste caso se chama PLANETA ANIMAL, coma o noso Proxecto Anual. Un PADLET é un especie de taboeiro na rede onde podemos colgar e xuntar toda a información que precisamos para un tema ou temas.


Se queres aumentar o tamaño preme como indica a imaxe


 Se queres engadir información só tes que facer clic dúas veces e pegar o enlace na icona de enlace que aparece. Ou premer no símbolo +


Grazas por colaborar!!!

Este é... Anímate!!

Hecho con Padlet

lunes, 22 de octubre de 2018

Gústanos o OUTONO!!!



Gústanos o Outono!!
Queres ver qué recursos atopamos para xogar con él?

Pois preme na imaxe animada... e xoga connosco...

sábado, 23 de abril de 2016

2016, Aniversario de Cervantes

Que non o coñeces? Imposible. Seguro que sabes de que estamos a falar!!
Don Miguel de Cervantes era único.
Preme na imaxe se queres facer un crebacabezas
Él escribíu a meirande obra da Literatura Universal 
en Língua Castelá:

EL QUIJOTE DE LA MANCHA.

Se queres xogar e aprender un pouquiño máis sobre todo isto, preme na imaxe de abaixo. Atoparás unha aplicación Genially que fixemos dende a escola de Guísamo, recompilando os recursos que usamos na clase. 
Co son das voces d@s nos@s alumn@s!!.
Verás que chulo quedou!!


Se queres usalo na túa tablet ou dispositivo móbil, podes copiar ou descargar este QR.
Esperamos que te guste!!





lunes, 12 de enero de 2015

BENVIDO 2015, ANO da LUZ

 Coñeces este persoaxe?


É o científico Isaac NEWTON
Se premes na imaxe aprenderás cousas sobre él.

Nós o descubrimos viaxando pola cidade de A Coruña, na semana dos Museos.  Decatámonos de que na CASA DAS CIENCIAS estaba debuxada unha mazá que caía e...investigamos coa axuda das nosas familias...
Fumos quen de averiguamos que era a mazá de Isaac NEWTON e grazas a ela desenvolveu a sua Ley da Gravidadede nela se di que é a forza coa que os obxectos se atraen entre sí... a mazá cae na terra e non sae voando porque a terra a "atrae" cara ela.




Se queres practicar un pouquiño ao xogo da Gravidade, preme na imaxe:


  Se queres coñecer un pouco da  vida de NEWTON aqui tes un cómic, alo menos un anaquiño del.





Verás cómo xurdíu esa idea da gravidade e outra máis.



Xa ves que este cietífico fixo moitas cousas importantes. 
Descubríu tamén unhas cousas fabulosas sobre a LUZ, e este ano 2015 está adicado a ela e as tecnoloxías que a usan.
Se queres saber máis olla esta curta que se titula: 
É a branca unha cor?

Cantas cousas prendeches, non sí?
A ver se agora es quen de colorear a Newton e o seu arco da vella en orde 
Doado? Non tanto, verdade? Pois anímate a facer uncrebacabezas do científico inglés.

Só che queda, si les moi ben, ou te acompaña alguén que o faga, realizar este TEST do que aprendiche. Sorte, meu.


Unha pouca de cor neste arco da vella para recordar a orde das cores, verdade?


Nos xa temos un prisma e imos investigar con él. O seguinte será ver se a luz se comporta igual na auga que no aire. XOgar con lentes...
Anímaraste a velo connosco?

lunes, 21 de abril de 2014

PERU. Chegamos ata AMÉRICA do SUR.

No PERU atopamos a última etapa da volta polo mundo con MADLENKA. Neste fermoso e lonxano pais conviven persoas e animais nunhas contornas privilexiadas e cáseque máxicas.  
(Se premes na imaxe poderás facer un puzzle sinxeliño de 6 pezas.)
Este debuxo tan chulo e de tantísima cor é obra de Luis Morocho S.un artista do Perú. 
Olla no seu blogue máis debuxos del premendo no seu nome. Este era para unha axenda do 2009.

No PERU atopamos unha das maiores xoias do Planeta Terra: a AMAZONIA, un lugar onde se limpa o ar que respiramos. 


Pero antes de nada bótalle unha ollada ao caderniño LIM que creamos para ti. Nel atoparas información e xogos sobre este pais.
OLLO coa música, que comeza moi forte. 
Axusta o volume do teu ordenador antes de premer na imaxe.
Xa sabes que tes que lle dar a entrar como CONVIDADO se non cho abre directo.

Pero a xoia dos animais do  PERU é o golfiño rosa, ou sexa o DELFÍN ROSADO, como lle chaman aló...

Este animal é unha das especies animais máis curiosas. Conta a LENDA que cando se achega unha boa moza en lúa chea, é quen de se convertir en rapaz e namorala...vaites, vaites.


Mais ¿por que pensas que pode ser rosa?  
Se queres ver unha pequena reportaxe no que che contan estas e outras cousas sobre este mamífero acuático de río tan especial, olla esta.
 (Ten paciencia que tarda uns segundos en falar dos golfiños.) 




Seguro que despois de aprender tanto del, che apetece pintar un, pois ánimo, este é un dos seus curmans, preme na imaxe para pintalo de rosa.


Se queres pintar un rosado de verdade, garda e imprime esta imaxe, que é a silueta propia del comparada ca dun mergullador.
(Imaxe comparativa recollida da Wikipedia)

Algo que teñen en común os delfíns é o seu "espiráculo", ese buratiño por onde entra e sae o ar cara os seus pulmóns. E con ese ar tamén xogan, ¿queres velo?



Antes de sair da AMAZONIA, e de PERU queremos que vexas unha presentación superchula que atopamos na Internet.


Non esquezas xogar un chisquiño antes de cerrar esta entrada do proxecto, nin de ir ao PINTUREIRO para aprender un pouquiño do arte do  PERU , ¿anímaste?

Atopa os animais da selva amazónica:


Atopa a saída da Selva Amazónica:

Axuda a Mr, Whiskers a conseguir  alimentos na selva...


Se che apetece pintar animais de selvas aquí os tes. Hainos da selva amazonica e doutras tamén...



                               ¡¡Vémonos!!