Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 26 de enero de 2013

ITALIA, GIOCHIAMO? Xogamos?

Como MADLENKA, a nosa amiga de conto non para de ir dun lado cara outro, atopase con moitos amigos . Na rúa estaba o simpático xeadeiro italiano, PAULO, que a invitou a un rico gelato.



Xa sabes que podes premer na imaxe para facer o puzzle. 
Neste caso e da novísima artista LATISHIA WATKINS.

E é que comer en ITALIA é un pracer. 
Mangiare, dise aló.
 É moi famosa a receta da POLENTA e aínda máis a canción que describe o proceso dende que nace ata que se come (mangia). Aquí está este vídeo que realizou guillermetheguy e adaptamos dende o CRA.
Vede que chulo quedou...




Pero non só a POLENTA é coñecida. Seguro que tomaches algunhas sobremesas de ITALIA ,como os xeados ou o tiramisúAló tamén  perfeccionaron a pasta que tanto nos sabe



 e tamén crearon a saborosísima pizza.




¿ Queres ver as maravillosas piruetas que fan os profesionales das pizzas?
Ollo non o fagas na casa, que é moi, moi difícil!!!


 
Espectacular, non sí?
 Para poder disfrutar na rede destas delicias proba estes xogos...


Ou se prefires o formato de Poster, usa o GLOSTER que ven de seguido.

Se queres poñelo máis grande proba a lle dar ao cadrado que hai onde o mapa, ou baixo a palabra Glogster que pon ao lle pasar o rato VIEW IN FULL SIZE...



Para poder coñecer ITALIA é preciso escoitar a súa fermosa música. No blogue O MUNDO ENTEIRO tes exemplos do seu idioma, pero no seguinte poster poderás escoitar cancións especiais para nenos, e algunha que de seguro que che vai sorprender.


E por último, aínda que en PINTUREIRO podes ver moitas cousas de ARTE de Italia, non podes quedar sin pintar un pouquiño, non sí?
Para iso podes xogar con ITALIA PINTA, ¿anímaste?


Claro que se o que queres é pintalos na casa ou para o cole, podes imprimir estes que agora verás no calameo...

Agardamos que o pasaras moi ben no país de PAULO...


Antes de nos marchar, SUPERIMPORTANTE NOTICIA, 
este blogue de Tics acaba de recibir un premio das mans de Dolores A., a creadora do blogue ESPELLO DA NOSA CLASE, un blogue chulo, chulísimo, de nen@s de primaria, do que queremos ser seguidores.
Este é o premio:

O LIEBSTER AWARD


e nos tamén llo imos a conceder a tres blogues dos que teñen menos de 200 seguidores que nos encantan e aos que xa seguimos dende vai tempo:




Todos os premios teñen as súas condicións que neste caso son: 
 - Ser seguidor do blogue que cho regalou.  
 - Pasalo a tres blogues dos que sexas seguidor.  
 - Facerlles un comentario aos blogues que premiaches para que o saiban.

NORABOA a tod@s e agradecerlle de novo a Dolores A. terse lembrado de nós e facernos taan felices.


 Esperamos que che gustase a entrada...

ARRIVEDERCI
AMICI.




6 comentarios:

  1. Os nenos e máis eu estabamos moi pendentes da vosa nova entrada. Esta semana colleremos o billete… e as nosas maletas para viaxar con Madlenka e Paulo polo mundo enteiro e por Pintureiro!!!
    No noso blogue, na entrada de Premio Liebster blog Award, temos un comentario para vós. Moitísimas grazas por darnos a posibilidade de achegarnos ao mundo que temos e queremos coñecer e mellorar!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas de novo, Dolores e amig@s de Ferrol. Biquiños.

      Eliminar
  2. ¡¡Noraboa polo premio!! E graciñas por darllo ao blogue AL.Con esta entrada mergullámonos na bella Italia da que imos aprender moitas cousiñas. ¡¡Arrivederci!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡¡Igualmente!! Aquí xa estamos quencendo motores para a nosa saída da Paz. Prometemos cantar e xogar sen esquecernos do homiño de papel que nos aprendiches. Ciao!!

      Eliminar
  3. Uns recursos fantásticos sobre Italia. Non sabería con cal quedar. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas, Ana. O importante é que poidades disfrutalos!!!
    Unha aperta!!

    ResponderEliminar