Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 10 de junio de 2012

San Xoan e fin de festa.

A piques de rematar este curso tan longo e productivo voltamos de novo a ollar cara a nosa contorna máis familiar.
Xa comeza a cheirar a cachelas, fogueiras,lumeiradas, cacharelas,...porque o San Xoán estase achegando.
e no CRA non queriamos esquecer esta festa tan nosa, tan divertida pero tamén perigosa.

O primeiro para unha noite de San Xoán boa e unha mañá mellor e que todos podemos facer é recoller as sete herbas miragreiras para poñer ao orballo da noite.
No CRA escollemos sete das que podedes coller sin perigo, xa que non son belenosas.
Vede aquí cales son:






Na próxima entrada falaremos das fogueiras , e dos saltos, das sardiñas e do pan, pero mentres ide buscando preto da casa as vosas herbas de San Xoán...e practicando este refrán:



POLO SAN XOÁN
XA A SARDIÑA 
MOLLA O PAN.

Tamén podedes facer o puzzle das herbas, así as aprenderedes máis axiña...Só premede na imaxe.




¡¡¡En breve haberá máis recursos para xogar e aprender desta celebración!!!

6 comentarios:

  1. Encántame esta entrada Silvia!!!Xa me vou poñer mans á obra e buscar as herbas de San Xoan para que non me pille o tempo.Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Cova, na escola de Guísamo dinme os rapaces que xa nolas consiguen eles.
    ¡¡¡¡Qué sorte a nosa!!!!Bicos!!!

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén vou buscar as herbas de San Xoan non vaia ser que despois non as atope je,je Un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. QUe ben, algunha tamén a poido conseguir pero se eles son tan xenerosos, bárbaro!!!!
    Encántame esa sardiña tan colorista, é preciosa, en breve tamén engadiremos a canción que estamos a preparar nos coles do CRA, vale?
    Biquiños

    ResponderEliminar
  5. Noraboa! Xa estamos todos buscando as herbas como toliños!! Moitas grazas polo traballo!! Bicos!

    ResponderEliminar