Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 17 de mayo de 2012

MOITO QUE CELEBRAR

O 17 de MAIO, é o día das letras galegas.
( fai clic na bandeira para facer o puzzle)
 

e estamos todos e todas de celebración.

Xa sabedes que estivemos preparando nas escolas moitas actividades ligadas a esta data tanto en formato papel como en dixital.


No resto do mundo tamén se celebra hoxe o
 Día Internacional da Reciclaxe.
Por ser recicladores déronnos un PREMIO VERDE, dende un blogue amigo (ana-reciclar...) ao que podedes acceder premendo na imaxe que ven de seguido:


Tamén nos deixou un vídeo moi gracioso para ver neste día...con moitos "monkeys" tan amigos da nosa mascota de English...




Se queredes xogar un pouquiño a reciclar este xogo é moi chulo:




Grazas a Ana, de Aula Tic, acordámonos da que tamén é o día de INTERNET, que tantos momentos e amigos bos nos da.
Adicado a Ana e a súa boa memoria vai este puzzle informático:
( fai clic na imaxe de abaixo para facer o puzzle)




Non esquecemos tampouco que o, 
18 de Maio,
 é o DIA INTERNACIONAL dos MUSEOS.
 Podedes consultar cousas moi interesantes sobre museos e exposiciones nestes dous blogues:


Para visitar virtualmente os museos máis importantes...


Para visitar virtualmente unha  exposición musical...


Ademáis o día 19 pola noite hai museos que abren as súas portas gratuitamente.
Namentres chega o día destas celebracións, déixovos un xogo para que atopedes as diferencias que hai nos cadros, a ver se vos gusta!!!


3 comentarios:

  1. Moi feliz día das nosas letras, da reciclaxe , de internet (que permitiu que nos coñecésemos) e dos museos! Cantas cousas temos que celebrar!!!!!!!!Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Ana!! Ti sempre estás á última das novas. Xa modifiquei a entrada para dar cabida a celebración de Internet, que, como ben dís, fixo de nós compañeiras de ilusións e traballos. Unha grande aperta!!

      Eliminar
  2. Encántame o vídeo de Monkey e os seus amigos dándonos consellos para reducir, reutilizar e reciclar. Algúns deles xa os seguiamos e Cheeky Monkey non perdeu ripio e tomou boa conta dos novos. Thank you Silvia.

    ResponderEliminar