miércoles, 8 de febrero de 2012

FEBREIRO DE ENTROIDO

¡¡ Xa chegou Febreiro en con él o ENTROIDO!!
Querémoslle dar a benvida a este novo mes cun novo puzzle neste caso de disfraces.
Xa sabedes que se tedes que facer CLIC na imaxe.



Claro que non íamos esquecer os 
RECURSOS do ENTROIDO.
Xa están listos na lapela superior. 
Como sempre co tempo iremos engadindo máis.
E non vos lembredes de repasar a Cantiga deste ano no blogue de música: 
O entroido no CRA é famoso xa, e se non o credes, vede este vídeo:

¡¡Pasádeo moi ben!!

martes, 17 de enero de 2012

XA VAI MOITO FRÍO: É INVERNO

Xe entrou o inverno no CRA. Vai fresquete. E por iso vos presentamos os RECURSOS do INVERNO na lapela superior.
Para empezar con bo pé nos recursos e xogos vos ofrecemos este puzzle moi sinxelo.
 ¿ Animádesvos?



Tamén vos lembramos que temos NOVOS XOGOS da PAZ: un novo puzzle de pombas, e un xogo de vestidos típicos dos diferentes recantos do mundo, muy chulos...

miércoles, 11 de enero de 2012

PREPARANDO A PAZ

Nestas datas de Xaneiro preparamos o
 Día da Paz, que, aínda que a temos que coidar e traballar todo o ano, a celebramos de xeito especial o día 30.



Para axudarnos na tarefa xa está disponible a páxina de RECURSOS PARA A PAZ na lapela superior: nela atoparemos contos, quebracabezas e máis recursos útiles.
Un grande pedagogo, mestre e literato infantil , Gianni Rodari, escribíu da necesidade de atopar a paz nas cousas pequenas: 
Iste poema escrito por él e musicado por Sergio Endrigo e Luis Bacalov é a proba. Está cantada en italiano, pero enténdese moi ben, ademáis tamén podedes ver debaixo a letra nos dous idiomas:
Esperamos que vos guste:


Visto no blogue de Massimo Penessi ( Gianni Rodari, el poder de la imaginación )

domingo, 18 de diciembre de 2011

PINTA O NADAL

Agora xa podes pintar o NADAL dende o blogue de TICs.
Hai novos xogos engadidos na páxina de recursos de Nadal, 
¡¡ podes empezar cando queiras !!




¿Xa atopaches o amiguiño de cor negra que hai na banda lateral dereita? Pois seguro que tamén viches a ese Papá Noel que nos ha acompañar estes días subindo e baixando polo lado.
Outra novidade para os que non teñen moita rapidez na lectura ou teñan dificultades para ver
é o reproductor de sons que hai xusto baixo as letras. 
Se pulsas no segundo triángulo lé por ti.
¡¡Próbao!!


martes, 6 de diciembre de 2011

ATENCIÓN: NOVOS XOGOS DE NADAL

Se queredes visitar a páxina de RECURSOS de NADAL atoparedes novos xogos:
puzzles e xogos de memoria..


E se vos fixades, tamén a un novo amiguiño na banda lateral dereita. Pasádelle o rato por riba e veredes...