A piques de rematar este curso tan longo e productivo voltamos de novo a ollar cara a nosa contorna máis familiar.
Xa comeza a cheirar a cachelas, fogueiras,lumeiradas, cacharelas,...porque o San Xoán estase achegando.
e no CRA non queriamos esquecer esta festa tan nosa, tan divertida pero tamén perigosa.
O primeiro para unha noite de San Xoán boa e unha mañá mellor e que todos podemos facer é recoller as sete herbas miragreiras para poñer ao orballo da noite.
No CRA escollemos sete das que podedes coller sin perigo, xa que non son belenosas.
Vede aquí cales son:
Na próxima entrada falaremos das fogueiras , e dos saltos, das sardiñas e do pan, pero mentres ide buscando preto da casa as vosas herbas de San Xoán...e practicando este refrán:
POLO SAN XOÁN
XA A SARDIÑA
MOLLA O PAN.
¡¡¡En breve haberá máis recursos para xogar e aprender desta celebración!!!
Encántame esta entrada Silvia!!!Xa me vou poñer mans á obra e buscar as herbas de San Xoan para que non me pille o tempo.Bicos.
ResponderEliminarCova, na escola de Guísamo dinme os rapaces que xa nolas consiguen eles.
ResponderEliminar¡¡¡¡Qué sorte a nosa!!!!Bicos!!!
Eu tamén vou buscar as herbas de San Xoan non vaia ser que despois non as atope je,je Un biquiño.
ResponderEliminarQUe ben, algunha tamén a poido conseguir pero se eles son tan xenerosos, bárbaro!!!!
ResponderEliminarEncántame esa sardiña tan colorista, é preciosa, en breve tamén engadiremos a canción que estamos a preparar nos coles do CRA, vale?
Biquiños
Precioso traballo, noraboa!!
ResponderEliminarBiquiños.
Noraboa! Xa estamos todos buscando as herbas como toliños!! Moitas grazas polo traballo!! Bicos!
ResponderEliminar