domingo, 10 de noviembre de 2013

XAPÓN no noso corazón!!

Das illas do  Xapón hai tantas cousas por saber...



Por exemplo, saber facer as preguntas máis necesarias: como, cando, onde...
 De seguro que cantando as aprendes mellor:



Tamén sería moi importante coñecer as cores  no idioma nipón.



Sabes o que? Que saber as cores vaiche vir de medo para ir visitar a páxina da Biblioteca do CRA. 
Alí esperate un conto de cores "ogroroso"... verás.
Os que tamén son de moitas cores son os peixes KOI.

Son como as carpas que temos na cabeceira do blogue. Pero teñen unha historia moi especial.
Esta é a súa lenda...


No blogue Ssissimon tedes moitas historias de peixes KOI coas que gozar. As cores de cada peixe simbolizan cousas diferentes...
Preme na imaxe para averigualo.



No Xapón úsanse na celebración do Día dos Nenos: KODOMO NO HI , como xa viches.

Tamén se celebra no mes de Marzo no Xapón o Día das Nenas: HINA MATSURI. 

Ollo co crebacabezas, non esquezas facelo.
Olla qué KIMONOS máis xeitosiños levan. Así son os vestidos tradicionais do Xapón. 
No blogue Ssissimon atoparás moitas muñecas como estas, as KOKESHI tradicionais do Norte de Xapón. Poderás cantar con elas, vestilas...non perdas a ocasión.
Preme na imaxe

Non podemos marchar deste pais sen facer mención aos SAMURAI: uns guerreiros que con cabalo, e espada ás veces, son moi coñecidos en todo o mundo:
Este o fixo Rubén Garrido un dibuxante xenial.

Faiche un crebacabezas? Este ten só 4 pezas!!

Outro SAMURAI foi moi coñecido e tiña unha serie de debuxos de seu:

Proba con este que ten 6 pezas, sairache ben, de seguro.

¿¿Non che apetecerá ver un capítulo desta serie??. Preme na imaxe e levarate á canle VÍDEO.


Ollo, que xa estamos tan informados que chegou o momento de xogar un pouquichiño, ¿A que sí?
Pois comecemos xogando a ser SAMURAIS
Primeiro o de SAMURAI JACK, como non...


Agora un sinxeliño, semellante ao de MOMOTARO...


Outro de plataformas un pouquiño máis dificil, para traballar co cursor e a barra espaciadora.


Non che apetece agora pintar cousas de Xapón?:






Que tal vestir ás KOKESHi


Ou a unha moza xaponesa ...

Coloca ás KOKESHi no seu espazo correspondente.



Por último repoñeremos forzas nun restaurante xaponés comendo SUSHI e outras delicias niponas.
Outro crebacabezas? Si, que ten só 4 pezas!!
¿ Que que é o SUSHI
En poucas palabras:
Anímaste a saber cal é o teu propio SUSHI personalizado, meu?

Outra racionciña de SUSHI?
Pois veña, máis doado desta volta.

Como especialista na comida xaponesa...
Anímaste a dirixir o restaurante??? 
É moita responsibilidade...


Alegrome de que chegaras ata aquí, amig@, así que só che podo dicir, que non esquezas visitar os demáis blogues do CRA.




2 comentarios:

  1. Menuda cantidade de estupendísimos recursos para traballar Xapón! Cada cal mellor co anterior! Encántanme!. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Sen pestanexar! Así quedamos de impresionados. Coma sempre, un traballo perfecto e moi creativo. Grazas polo esforzo e por compartir. Unha enorme aperta.

    ResponderEliminar