Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 21 de abril de 2014

PERU. Chegamos ata AMÉRICA do SUR.

No PERU atopamos a última etapa da volta polo mundo con MADLENKA. Neste fermoso e lonxano pais conviven persoas e animais nunhas contornas privilexiadas e cáseque máxicas.  
(Se premes na imaxe poderás facer un puzzle sinxeliño de 6 pezas.)
Este debuxo tan chulo e de tantísima cor é obra de Luis Morocho S.un artista do Perú. 
Olla no seu blogue máis debuxos del premendo no seu nome. Este era para unha axenda do 2009.

No PERU atopamos unha das maiores xoias do Planeta Terra: a AMAZONIA, un lugar onde se limpa o ar que respiramos. 


Pero antes de nada bótalle unha ollada ao caderniño LIM que creamos para ti. Nel atoparas información e xogos sobre este pais.
OLLO coa música, que comeza moi forte. 
Axusta o volume do teu ordenador antes de premer na imaxe.
Xa sabes que tes que lle dar a entrar como CONVIDADO se non cho abre directo.

Pero a xoia dos animais do  PERU é o golfiño rosa, ou sexa o DELFÍN ROSADO, como lle chaman aló...

Este animal é unha das especies animais máis curiosas. Conta a LENDA que cando se achega unha boa moza en lúa chea, é quen de se convertir en rapaz e namorala...vaites, vaites.


Mais ¿por que pensas que pode ser rosa?  
Se queres ver unha pequena reportaxe no que che contan estas e outras cousas sobre este mamífero acuático de río tan especial, olla esta.
 (Ten paciencia que tarda uns segundos en falar dos golfiños.) 




Seguro que despois de aprender tanto del, che apetece pintar un, pois ánimo, este é un dos seus curmans, preme na imaxe para pintalo de rosa.


Se queres pintar un rosado de verdade, garda e imprime esta imaxe, que é a silueta propia del comparada ca dun mergullador.
(Imaxe comparativa recollida da Wikipedia)

Algo que teñen en común os delfíns é o seu "espiráculo", ese buratiño por onde entra e sae o ar cara os seus pulmóns. E con ese ar tamén xogan, ¿queres velo?



Antes de sair da AMAZONIA, e de PERU queremos que vexas unha presentación superchula que atopamos na Internet.


Non esquezas xogar un chisquiño antes de cerrar esta entrada do proxecto, nin de ir ao PINTUREIRO para aprender un pouquiño do arte do  PERU , ¿anímaste?

Atopa os animais da selva amazónica:


Atopa a saída da Selva Amazónica:

Axuda a Mr, Whiskers a conseguir  alimentos na selva...


Se che apetece pintar animais de selvas aquí os tes. Hainos da selva amazonica e doutras tamén...



                               ¡¡Vémonos!!

1 comentario:

  1. Coma sempre uns fabulosos e completísimos recursos. Moitísimas grazas por compartilos. Unha aperta.

    ResponderEliminar