jueves, 3 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Xa comezamos a preparar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS nas aulas. 



Este ano vaise adicar a VALENTÍN PAZ ANDRADE, un avogado e escritor pontevedrés con cara de boa persoa...


Podes facer o puzzle desta imaxen facendo clic nela.
O debuxo está collido da páxina do Seminario de Galán e "enmarcado" por nós.

No Seminariode Galán ofrécennos, como todos os anos, a información e xogos das Letras galegas. 
Probades estes enlaces para infantil, que están estupendo:





Se o que queres é botarlle unha ollada xeral, aquí tedes o enlace. 
Lembra que atoparás as imaxes en liña no caderno azul.



Hay unha actividade colaborativa xenial para facer nas aulas, é a NUBE de Tags das Letras Galegas. 
É moi sinxelo:
1. Temos que crear unha "nube de palabras"      cunha aplicación especial. Escribimos palabras que nos lembren cousas de Valentín Paz Andrade.
Aquí vos suxerimos esta aplicación especial para pequenos:
( Está en inglés pero é doada e intuitiva)

2. Cando a rematemos como máis nos guste a enviamos a este correo en formato .jpg:


3. Logo a subiran á súa páxina e nos enviarán un diploma acreditativo da colaboración.

E logo, ¿verdade que vos animades? 
De seguro que vai quedar chulo. É unha ocasión estupenda de formar parte dun grande proxecto.


3 comentarios:

  1. Unha recopilación fantástica para traballar as letras galegas, eu tamén fixen no meu blog un enlace ao SEMINARIO GALÁN e ao seu gran traballo. Co voso permiso lévome prestada a imaxe de Valentín Paz Andrade e o puzzle para algunha das miñas entradas das letras galegas. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Son eu de novo, crin que xa os tiña enlazados no meu blog pero acabo de ver que non, así que engádovos ao meu blogroll para estar ao tanto das vosas actualizacións. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Tienes un premio esperándote en el Blog Ssissimonea. Por hacer este blog tan tecnológico y por hacerlo, además, por amor al Arte. Un abrazo

    ResponderEliminar